A oficina de Abanca atacada na madrugada do xoves.

Nestes momentos está a levarse a cabo un operativo por terra, mar e aire tras a aparición este mediodía dunha lancha envorcada entre Punta Couso, en Aldán, e Cabo Udra, en Bueu. Garda Civil, Salvamento Marítimo, o Pesca 1 e Protección Civil de Cangas participan no rastrexo por se houbese algunha persoa que necesitase axuda ou algún náufrago nas inmediacións. Tamén por se esta lancha ten algo que ver co ataque que sufriu a oficina de Abanca de O Hío na madrugada do mércores ao xoves, supostamente coa intención de roubar, aínda que isto só é unha hipótese.

Polo momento non se atopou ningún rastro.

Estado no que atoparon a oficina tras o atentado


A alerta deuna a patrulleira de o Servicio Marítimo da Gardia Civil que foi a que localizou a pequena embarcación envorcada. Estaba semisumergida, cunha bolsa que contiña un traxe de augas, unha mazá flotando nas inmediacións e os aparellos de pesca na auga.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *