Mañá xoves, 26 de agosto, as 17:30 da tarde, terá lugar unha xornada de deseucaliptización no monte de Meira, en Moaña.
A xornada levarase a cabo na zona da Fanequeira. Esta zona, dunhas 2 hectáreas que combinan monte veciñal con algunha propiedade, estaba anteriormente poboada con piñeiros e eucaliptos. A Comunidade de Montes de Meira, cos fins de recuperala ambiental e paisaxisticamente, de eliminar o eucalipto e de diminuír a incidencia de posibles lumes por proximidade as vivendas, acordou, xunto cos propietarios implicados, cortala para posteriormente repoboar con frondosa.
No 2019 plantáronse finalmente na zona carballos e carballos americanos en dúas xornadas, nas que colaboraron por unha banda o voluntariado ambiental de CCOO e por outra os rapaces dos coles de Moaña conmemorando o día da árbore.
Máis dun ano despois, o eucalipto acecha a nosa plantación e queremos porlle freo e conseguir que os carballos consigan dominar a zona para poder desfrutar nun futuro próximo dunha fermosa carballeira.
