Traballos de cambio dos teitos no Ceip Seara.

O portavoz e líder de XM, Javier Carro, acusa o goberno local de Moaña de «trocear» partidas para contratar á mesma empresa, en alusión a unha firma que di estar situada en Bueu e que, segundo detalla o independente, encargouse dos traballos de pintura no Ceip de Tiran e no Ceip de Abelendo, onde tamén se procedeu á súa limpeza e restauración, do mesmo xeito que no Ceip Reibón e a escola A Galiña Azul. Tamén di que esta firma executou os labores de pintura no Campo de Futbol da Granxa de Domaio e colocou lousas e panel sandwich no campo de Futbol de Moaña Iago Aspas Juncal.

«En Moaña outorgáronse contractos para a mesma empresa coa súa sede en Bueu e de todas as chamadas que fixen sobre todo a empresas de Moaña relacionadas coa pintura ningunha tubo solicitude para emitir orzamento para iso», explica Carro que acusa o executivo local de «caciquil» e de practicar o «amiguismo».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *