A Casa da Mocidade de Moaña acollerá o sábado pola tarde XOGOLAND, unha actividade con xogos de mesa, magic e moitas novidades e diversión para todas as idades. Haberá unha zona de xogos durante toda a xornada e zona de vending con GÁIDIL BUEU.

A iniciativa dará comezo ás 17:00 e continuará ata ás 22:00 horas. Unha tardiña onde os integrantes de Os Gardiáns e Tempus Ludit farán partidas, tutoriais, resolverán dúbidas e xogarán coas persoas que asistan. Ás 17:30 será a presentación do xogo «El valle Secreto» con Gáidil Bueu, ás 18:00 horas o Torneo de Xogos de Mesa «Carcassone» que terá coma premio un xogo completo para a persoa gañadora (organizado pola Asociación Tempus Ludit).

Tamén ás 18:00 horas haberá torneo de Magic Selado de Dominaria United con premios para as persoas gañadoras (A.C.eX. Os Gardiáns) e ás 19:00 presentación do xogo «Emboscados» con Gáidil Bueu.

Ate as 22:00 manterase a zonas de xogo con persoas para resolver dúbidas e xogar coa persoas partricipantes.

As inscricións serán a partir das 17:00 do 24 de setembro na cMo-Casa da Mocidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *