Unha explotación gandeira galega en Meixide.

8.788 hectáreas correspondentes a 21 polígonos agroforestais e 574 a 21 aldeas modelo. Todo iso dun total de máis de 9.300 hectáreas de terra mobilizada dos que se benefician 9.600 propietarios de 35.000 parcelas. Estes son os números que deixou en só un ano, desde que entrou en vigor o pasado 22 de maio de 2021, a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Ademáis, a través desta norma recibiuse un total de 34 solicitudes para a instalación de polígonos agroforestais de iniciativa privada, os cales supoñen máis de 1.300 hectáreas a mobilizar.

É o resultado dun paquete de ferramentas creadas para contribuír a un uso máis eficiente e sostible da terra agraria a través da ordenación dos usos do terreo rural e da minoración dos predios abandoados, co beneficio que isto supón para anticiparse aos incendios. En definitiva, recuperar espazos produtivos segundo o tipo de cultivo máis acaído ou de maior tradición en cada zona. O obxectivo é dinamizar o territorio e xerar actividade económica, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais.

Polígonos de iniciativa pública e privada

Galicia conta neste momento con 21 polígonos de iniciativa pública, dos cales 10 xa se atopan iniciados, o que supón unha recuperación de 4.114 hectáreas, e o resto, 11, en fase de actuacións previas. Os de Cualedro e Oímbra son os máis adiantados e para eles solicitouse xa a declaración de utilidade pública. Nos outros oito polígonos, téñense practicamente rematados os estudos de viabilidade, nos que se propoñen diferentes usos ou actividades para cada un deles. Son os de Remuíño en Arnoia, Barzamedelle en Leiro, Pousada en Riós, Vences en Monterrei, Solbeira en Paderne de Allariz, Vilalén-Tomonde en Cerdedo-Cotobade, Mandelos en Crecente e Santaia-Foxado en Curtis.

Os outros 11 nos que se ten iniciado un procedemento de actuacións previas suman 4.674 hectáreas e 9.750 parcelas de 5.013 propietarios. Trátase dous de Ver en Bóveda, Barcia (Navia de Suarna), Prado (Castrelo de Miño), Freixido (Larouco), Panascos (Tomiño), Alta Limia, Corno do Monte e Lamas Ganade (todos eles en Xinzo de Limia), San Salvador de Sabucedo (Porqueira), A Graña de Seoane (Montederramo) e Soutopenedo (San Cibrao das Viñas).

Un dos piares da Xunta de Galicia para a posta en marcha destes polígonos de titularidade pública é a colaboración coas distintas administracións co fin de localizar ámbitos nos que exista acordo cos propietarios de máis do 70 por cento da superficie.

En canto aos polígonos de iniciativa privada, a Xunta recibiu 1.244 enquisas simplificadas sobre a demanda de terra agraria e 255 proxectos completos para o sector agrario galego. Foi a resposta masiva á Manifestación de Interese que a Xunta lanzou para preguntar expresamente pola necesidade de terra para o desenvolvemento de iniciativas agrarias. Destas propostas, pudiéronse xeolocalizar 991 solicitanes e 21.321 hectáreas. Ademais, 34 iniciativas que suman 1.300 hectáreas, mostraron interese por desenvolver polígonos agroforestais.

Aldea modelo de Meixide.

Aldeas modelo

A Lei de recuperación da terra agraria de Galicia tamén permitiu a recente creación das aldeas modelo de Soutogrande e de Cortegazas, en Ourense, e de Ferreiros en A Coruña. O obxectivo desta ferramenta é devolver á produción terras con boa actitude agronómica que se atopen en estado de abandono ou infrautilización, impulsando ao mesmo tempo unha nova actividade económica agroforestal que fixe poboación e xere riqueza, buscando, ademais, reducir o risco de incendios forestais neses núcleos. As novas aldeas modelo declaradas súmanse ás xa en marcha e fan un total de 21, unha na Coruña, outra en Pontevedra, cinco en Lugo e 14 en Ourense.

A maiores, séguese cos traballos de recollida de sinaturas doutras sete aldeas modelo de cara á súa aprobación: unha na Coruña, outra en Lugo, unha máis en Pontevedra e catro en Ourense. En total, representarán outras 194,84 hectáreas de superficie de actuación 3.395 parcelas e 901 titulares catastrais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *