“Totalmente defraudada, decepcionada, porque o compromiso que se adquiriu co presidente Sánchez foi baixar ao buque afundido e, se fose posible, recuperar aos doce que faltan, tamén gravar todo o que fose necesario para poder esclarecer a desgraza que acaeceu o 15 de febreiro, pero dinnos que isto é tecnicamente imposible”, manifesta María José de Pazo, filla do xefe de máquinas do Villa de Pitanxo e un dos 12 desaparecidos no naufraxio, tras a reunión mantida hoxe os familiares dos mariñeiros co delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, entre outras autoridades do Estado.
Afirma que “iso non é certo” porque “varios familiares consultaron a empresas que lles dixeron que poderían baixar a 10.000 metros de profundidade e o Villa de Pitanxo está entre 800 e 1000 metros”. Por tanto, cunha sensación de decepción, De Pazo pide ao Goberno “que non diga mentiras” porque “tecnicamente si é posible”. “Outra cousa é que non haxa a vontade e que non se respecte o compromiso adquirido. Que digan tamén a toda a xente do mar ante outra desgraza que o Goberno español deixaraos tirados como a nós. Hoxe somos nós, mañá pode ser calquera”, advirte a marinense.
Pero para baixar 3.500 metros para ver un barco de hai 100 anos,para iso sí nón??? Cómo se nota que nón está ningún pai nin tío de ningún ministro,noxo é o que dan…