As plataformas concentradas ante a Xunta esta mañá.

Máis dunha decena de plataformas do sur da provincia de Pontevedra creadas para a defensa da Atención Primaria, entre elas A Voz da Sanidade de Cangas e a Plataforma  pola  Sanidade Pública de Moaña, concentráronse esta mañá ás portas da delegación da Xunta en Vigo para reclamar, entre outras melloras concretas para O Morrazo, a volta das urxencias á Casa do Mar de Moaña, unha ambulancia de reforzo e a cobertura das vacantes que deixaron sen servizo aos pacientes con médico en horario de tarde tras o concurso de traslados.

Ademáis da concentración que cada domingo ten lugar ante o centro de saúde de Concepción Arenal, a Mesa da Sanidade de Moaña decidiu convocar unha nova manifestación para o día 24 de abril ás 11h. A marcha terá saída desde o Portal do Almacén, pola rúa Ramón Cabanillas ata a rotonda do Pontillón, encarando xa por Concepción Arenal ata a Casa do Mar, onde se farían as intervencións e se lería o manifesto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *