Trazado por el que discurrirá la senda peatonal que unirá las dos parroquias.

As obras, que realizaranse entre A Moureira e Palmás, terán un prazo de execución de un ano

A Xunta adxudicou por máis de 1,5 millóns de euros as obras de construción da senda na estrada PO-551 entre A Moureira e Palmás, en Moaña. Os traballos, adxudicados á empresa Petrolam S.L., comezarán a finais de abril ou principios de maio e terán un prazo de execución de 12 meses.

Trátase dunha nova senda peonil e ciclista, segura e accesible, pola marxe dereita da estrada, de 1,7 km de lonxitude, desde a zona da praia da Borna ata conectar coa beirarrúa da área recreativa da Cerradiña. Co fin de atender a solicitude do Concello, ampliarase a lonxitude da senda respecto ao previsto inicialmente.

Esta intervención está recollida no Plan de sendas da comarca do Morrazo que a Xunta está a desenvolver nos distintos concellos e que prevé a construción de máis de 8 km de sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe, cun investimento superior aos 5 M€.

Eliminación de treito de concentración de accidentes

Por outra parte, a Xunta tamén está a avanzar na eliminación do tramo de concentración de accidentes en Domaio, nesta mesma estrada, cun investimento de máis de 572.000 euros. Para isto, o proxecto inclúe actuacións puntuais en 5,2 km desta estrada, entre o paso de peóns da travesía de Meira á altura do centro de saúde, e a intersección coa estrada provincial á saída de Domaio.

A intervención actuará en 12 interseccións, como a da área recreativa da Cerradiña, e prevé a execución da nova glorieta de acceso ao porto de Domaio, de 26 metros de diámetro, que permite xiros en condicións máis seguras e contribúe ao calmado de tráfico.

Ademais, actuarase en 9 pasos de peóns, habilitando dous novos e dispoñendo en 7 deles sinalización intelixente para facilitar a visibilidade.

Os traballos completaranse coa instalación de 3 marquesiñas nas paradas de autobús, coa renovación de barreiras de seguridade, a substitución de sinais por outros reflectores, e a colocación de bandas transversais á entrada da travesía de Domaio desde Rande, para alertar aos condutores de que entran en zona poboada e urbana.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *