O conselleiro na súa chegada á Vilaboa esta tarde.

Co obxectivo de facilitar o acceso a estes apoios, confrarías, organizacións de produtores, asociacións de profesionais, cooperativas, entre outras, están exentos da presentación de aval o garantía dos pagos a conta na nova orde

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu hoxe ás xornadas de presentación das axudas para a presentación de proxectos ao abeiro da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) cuxa orde foi publicado o pasado 21 de febreiro e que está dotada con 14,6 millóns de euros. Alí, o responsable autonómico situou esta convocatoria como unha oportunidade excepcional para a posta en marcha de iniciativas con impacto nas zonas costeiras que afonden na dinamización económica, a sustentablidade ou a economía azul.

Nesta liña, o titular de Mar valorou moi positivamente a celebración destas accións divulgativas organizadas nesta ocasión polo GALP Ría de Pontevedra e polo GALP Ría de Vigo- A Guarda nos concellos de Pontevedra e Vilaboa, respectivamente, que permiten informar a potenciais beneficiarios sobres estes apoios autonómicos. Así, recordou que na actualidade están executándose 187 proxectos mobilizando un total de 30,6 millóns e euros dos cales o 49% corresponde a investimento privado.

Alfonso Villares recordou que na nova orde simplificouse o acceso a estes apoios, cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa), a confrarías, organizacións de produtores, asociacións de profesionais, cooperativas, entre outras, mediante a exención de garantías na realización de pagos a conta. Unha medida pioneira, xa que é a primeira vez que introduce nesta orde de axudas, co obxectivo de que podan beneficiarse dun xeito máis áxil e doado destes recursos para o desenvolvemento dos
seus proxectos. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 21 de marzo.

Os Galp Galicia conta cun total de oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp), dependentes da Consellería do Mar, que xogan un papel destacado na distribución das axudas con financiación comunitaria para o apoio de iniciativas dirixidas a mellorar a transformación, comercialización e posta en valor das producións pesqueiras, ao desenvolvemento dun sector turístico sustentable, á creación de empresas e a xeración de emprego así como á diversificación do sector a través de iniciativas complementarias da actividade pesqueira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *