Os xogos populares, concurso de disfraces, a queima do galo e a predicadora Leti da Taberna completaron a última xornada da festa

A carpa de Riomaior acolleu desde este mediodía a intensa programación festiva enmarcada no Entroido de Cobres e que comezou cunha sesión vermú para dar paso ás 16.30 horas cos xogos populares como o galo no río ou o galo na vara, que porán a proba a destreza dos concursantes para evitar unha caída ao cauce do río Maior; esta primeira parte lúdica remataró coa Corrida do Galo, un animal sintético que rematará queimado ao final da xornada. O gañador en cada unha das categorías recibirá un premio de 100 euros.

De dinamizar a tarde encargouse ISI, presentador da TVG, que animarou á participación nuns xogos que contan cunha tradición tan antiga como o propio Entroido de Cobres, na que as madamas tiñan ancestralmente a responsabilidade do sacrificio do galo o que da unha idea do peso tradicional das mulleres na celebración desta festa popular.

O xurado examinó os disfraces para escoller aos premiados nas categorías infantil, individual e grupo, con premios en metálico de 50 e 100 euros que se entregaron xunto aos do Concurso do Testamento Infantil, o sorteo dos lotes cedidos por Aceites Abril e os das persoas vencedoras nos diferentes xogos

Houbo danza. Madamas e galáns danzaron en tres momentos da tarde e dúas o grupo de Veteranas coa presentación da Danza das Espadas, como paso previo á queima do galo e á lectura do seu testamento por parte de Leti da Taberna, con esa retranca galega que lle facilita incrementar día a día o seu número de seguidores en redes. No seu papel de predicadora repasou a actualidade de Vilaboa, facendo mofa do número de rotondas que deixou no municipio o macronó da A-57 ou convidando ao alcalde a inaugurar o futuro auditorio ao aire libre de Figueirido cunha actuación súa, continuando con referencias a actualidade galega e nacional.

Foi Isi, coñecido presentador televisivo, quen ofició de mestre de ceremonias amenizando unha tarde que rematou cunha importante sorpresa preparada con moito agarimo pola Asociación Cultural Cobres e toda a familia do Entroido de Cobres. Un videoclip coa danza de Cobres.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *