Estado en que se encontraban algunas rutas antes del desbroce.

O Concello asumirá as tarefas de limpeza e derivará o coste aos propietarios ademais de tramitar a multa pertinente

O Concello de Vilaboa retomará nos vindeiros días unha segunda fase da campaña de ornato e limpeza de fincas, unha iniciativa que comezou o pasado mes de marzo para recordar aos propietarios de parcelas a súa obriga de mantelas limpas e desbrozadas.

Si ben a campaña tivo boa acollida entre os donos das fincas, ainda quedan no Concello parcelas dominadas pola maleza polo que o Concello, ante a previsión dun verán con altas temperaturas, requerirá aos propietarios para que nun prazo de 15 dias procedan ao adecentamento das súas parcelas. De non facelo, o Concello asumirá os traballos e derivará a factura ao titular da parcela ademáis de tramitar a correspondente sanción por non atender os requerimentos municipais.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, agradece aos veciños e veciñas que atenderon as peticións de limpeza feitas xa en marzo a súa sensibilidade e compromiso non so con Vilaboa senón co rural e co medio ambiente. Naquel momento o Concello optou por un bando xenérico de limpeza e por unha comunicación persoal nod casos máis urxentes.

“Dende o grupo de goberno consideramos que este é un problema grave. Manter as fincas limpas é unha obriga e un deber. Queremos un rural limpo e seguro e queremos que os veciños e veciñas de Vilaboa se sintan orgullosos e orgullosas do seu pobo. Para conseguilo pedimos a implicación de todos e de todas pero non imos dubidar en recurrir á sanción si é necesario”, explica César Poza, que reforza a posición do Concello cun argumento sobre a seguridade. “Canta máis maleza máis risco en caso de incendio e dende a administración local non imos arriscar cun tema tan serio”, conclúe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *