O Concello de Vilaboa sacará nos vindeiros días a licitación o contrato de mantemento da rede de saneamento municipal e das estacións de bombeo (EBARS) para garantir un correcto funcionamento destas instalacións a través dunha atención permanente por parte de persoal cualificado para elo.

O contrato terá un coste de 200.000 euros e será de carácter anual e as empresas poderán incluir as melloras que consideren oportunas a fin de acadar unha maior puntuación no baremo establecido nas bases.

Por outra parte o Concello ven de contratar a redacción dos pliegos para sacar a concurso público o contrato da recollida do lixo no término municipal. As bases actualizan e melloran o actual servizo coa dotación de novos contenedores e vehículos adaptados ás necesidades e características do termo municipal. E inclúen unha novidade importante: a posibilidade de contar cunha brigada permanente de limpeza que se centre no adecentamento e embelecemento de espazos públicos como os parques e cemiterios.

A inclusión no pliego deste apartado responde á importancia que ten para o goberno local manter unha imaxe de limpeza e hixiene no concello. O alcalde, César Poza, recoñece que a dispersión do termo municipal e a cantidade de viais e camiños públicos converte nun reto casi permanente o seu mantemento en óptimas condicións con persoal municipal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *