Edificio do concello de Vilaboa.

O Concello destina este ano unha partida de 25.000 euros para respaldar a actividade deportiva no municipio

Persoas físicas, asociacións e entidades deportivas de Vilaboa dispoñen de prazo ata o 30 de outubro para optar á liña de subvencións convocada polo Concello, que destina unha partida de 25.000 euros a este fin. As bases, que xa foron xa publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e poden consultarse na web municipal, establecen que a subvención será repartida entre as entidades solicitantes atendendo a criterios como o fomento do deporte base; a incentivación da participación feminina no deporte; o fomento da práctica deportiva a través de actividades; a participación no deporte de elite e o apoio á participación en deportes infrarepresentados.

Poden solicitar estas subvencións como persoas físicas deportistas en activo empadroados en Vilaboa dende hai polo menos un ano, que estén ao corrente das súas obrigas tributarias e que teñan xustificados os gastos correspondentes a subvencións concedidas anteriormente polo Concello de Vilaboa.

Na modalidade de persoas xurídicas poderán optar as que estén constituídas e domiciliadas en Vilaboa e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, ademáis de estar ao corrente das súas obrigas tributarias.

As entidades e persoas solicitantes teñen que adxuntar á documentación esixida unha memoria da actividade que recolle o currículo deportivo, o número de licencias de deporte base, o fomento da participación feminina, as actividades organizadas, xustificación dos deportistas de élite, o apoio á participación de deportistas en disciplinas infrarepresentadas e o orzamento de gastos. Son gastos subvencionables os desprazamentos para participar en adestramentos ou competicións, a adquisición de equipacións e materiais deportivos; a inscripción en eventos deportivos ou os investimentos e reparación de instalacións deportivas propias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *