As cabanas preparadas para a súa apertura en 2022.

En Riomaior, Vilaboa, está todo preparado para a apertura da segunda edición do Mercadiño de Nadal, mañán día 22 despois das 18 horas. Un total de nove artesáns exporán o seu produto nas casetas de madeira instaladas polo Concello de Vilaboa e que nesta ocasión están baixo unha carpa que protexerá a comerciantes e visitantes da chuvia e do frío.

O Mercadiño modifica tamén a súa ubicación. Esta ano instálase en Riomaior, á beira da estrada para obter unha maior visibilidade e atraer o interese dos conductores e xunto a unha ampla zona de estacionamento. Con estas novidades a concelleira de Promoción Económica, Carmen Gallego, afronta a segunda edición dunha iniciativa que naceu como un reto para visibilizar o potencial creativo do rural. Pintura, xoiería artesanal, esmaltes, complementos en coiro, manualidades, alimentación ecolóxica, prendas de segunda man, xabóns artesanais, repostería caseira e viño quente son algunhas das opcións coas que Vilaboa se posiciona na ampla oferta de mercadiños de nadal. Estarán nas casetas tamén os organizadores do Canteira Fest, que aproveitarán o evento para comercializar o material promocional no Festival 2023.

Detrás de cada artigo e de cada produto hai unha historia de creación e de inspiración, a que lle imprime cada artesán participante: Víctor Tajes, Alberto Garabatos, Rocío Jiménez, Pilar Blanco, Montse, Carmen, Laura, Cecilia; Xacobe García e Carlos Acuña, que capturan os sabores da horta de Vilaboa nun tarro de marmelada. O Mercadiño, que contará con iluminación e fío musical para ambientar un entorno no que o Concello instalou este ano un Photocall, permanecerá aberto desde mañán 22 de decembro ata o 8 de xaneiro en horario de 18 a 21 horas, agás os sábados, domingos e festivos no que a xornada se ampliará de 12 a 22 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *