Organización da Morada en Vilaboa.

Máis de 220 persoas inscribíronse xa para participar nunha xornada de recoñecemento a quenes levaron a ilusión do Entroido de Cobres barrio a barrio

Madamas e Galáns, bailaríns e músicos serían incapaces de calcular as horas de ensaio que destinan ao logo do ano a prepararse para que o Entroido de Cobres se manteña fiel a unha tradición que arrancou hai máis de catro décadas.Algúns dos integrantes desta voluminosa comitiva acumulan anos de experiencia que, sen embargo, non evitan que as catro xornadas de Entroido que os manteñen literalmente en pé durante máis de 8 horas diarias os sitúen ao borde do agotamento físico.

Na asociación cultural Cobres coñecen en profundidade esa faceta de entrega e implicación, de renuncia e de sacrificio, e tamén de responsabilidade que supón asumir o rol de madama ou de galán e que, entre outros moitos sacrificios implica vivir o entroido como protagonista. Por eso cada ano a asociación cultural Cobres organiza a Morada, unha cita para a familia do Entroido; unha festa pensada para compensar a madamas, galáns e músicos que durante toda a xornada reciben o agarimo de toda a cidadanía a través dunha comida de confraternidade.

Este sábado día 9 a Morada desenvolverase cumprindo coa tradición. Unha carpa instalada en Riomaior dará cobixo ás 220 persoas inscritas ata o momento para degustar un catering preparado para agasallar con sabores e arrecendos en compensación polas horas de baile, os kilómetros trasladando a ilusión de barrio en barrio e a renuncia a outro Entroido que non sexa o de Cobres.

Este formato actual baixo carpa e con catering toma o relevo a unha tradición que desde hai séculos reunía pasado o entroido a madamas, galáns e músicos. Lidia Peleteiro, directiva da asociación cultural Cobres, lembra que a Morada “facíase orixinalmente cos alimentos que as familias entregaban ao Entroido cando ían pedir”. Asegura que incluso “había quen cedía unha vaca para facer estas comidas”. Daquela só asistían ao xantar quenes ían bailar ou tocar. Co paso dos anos a organización optou por contratar un cociñeiro que se encargara dos fogóns mentras que as familias de galáns e madamas
facían as veces de auxiliares para que os protagonistas do Entroido gozaran do día.

“Agora a Morada está aberta ás familias e á veciñanza que dalgún xeito colabora na conservación desta festa que é unha sinal de identidade para Vilaboa e especialmente para Cobres; a laboriosa elaboración dos gorros, a indumentaria de cada madama e de cada galán, os complementos pero tamén os traslados e os gastos que supón manter a actividade que desenvolvemos todo o ano sería impensable sen a implicación e as renuncias das familias das madamas e galáns”, explican.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *