Edificio do concello de Vilaboa.

O Concello de Vilaboa pon en marcha un novo servizo de asesoramento á veciñanza centrado na situación das parcelas afectadas polo pago do IBI, en situación urbanizable non edificable e que recollerá datos para unha posible modificación puntual do PXOM neste sentido. Este servizo comenzará a funcionar todos os venres a partir do 15 de marzo, con cita previa solicitada presencialmente no Rexistro ou a través do número 986708215.

O goberno local implementa esta medida consciente da incidencia que pode ter nas persoas contribuintes o pago dos recibos do IBI nos vindeiros anos, xunto co derivado do procedemento simplificado de valoración colectiva levado a cabo pola Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra.

Este novo servizo busca implementar medidas realistas que garantan o crecemento de Vilaboa e resolvan os erros derivados da actualización do Catastro que variaron a clasificación de fincas rústicas como urbanizables. O goberno local abre así unha nova escoita activa coas persoas afectadas para estudar polo miudo cada caso.

O goberno local mantén que o único xeito legal de regularizar a situación é a través dunha modificación puntual do PXOM que xa está en marcha coa contratación e anima á veciñanza a trasladar ao Concello “todos eses casos particulares que necesitan un estudo individual e que temos que correxir”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *