Os cinco alcaldes do Morrazo, interrogados polos alumnos de Primaria do CEIP Riomaior de Vilaboa

As familias con nenos e nenas en idade de comezar a primeira fase da súa escolarización reciben estes días nos seus domicilios unha carta persoal do alcalde de Vilaboa recomendándolles que se incorporen ás aulas de Vilaboa, pedíndolles que confíen nos centros de ensino público da localidade.

O inicio do período de reserva de praza nos centros escolares é sinónimo de inquedanza para moitas familias e César Poza quere aportar un extra de tranquilidade, asegurando que elexir Vilaboa é elexir calidade no ensino.

O comezo do proceso de prematriculación e admisión para o vindeiro curso, aberto entre o 1 e o 20 de marzo, supón sempre un reto para os centros que imparten educación infantil, que en ocasións acusan o descenso da natalidade. De aí a importancia da escolarización local, xa que delo depende que Vilaboa siga a ofertar un CRA con aulas en Bértola, Figueirido, Paredes, Barciela e Pousada, ademáis da Educación Infantil, Primaria e ESO no Toural, que absorbe tamén á poboación escolar procedente do Plurilingüe de Riomaior; unha formación que se complementa coa oferta educativa da Escola de Música de Vilaboa e a Galiña Azul.

César Poza animou ás familias a achegarse aos centros de ensino de Vilaboa para comprobar “que son de alta calidade, cun equipo docente en cada un deles con vocación de ensino e con programas formativos excepcionais”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *