Alternativa dos Veciños. Este é nome do partido co que Victoria Portas Mariño e o seu equipo concurrirá ás eleccións do 28 de maio e que pretende superar a clásica división da esquerda canguesa cun proxecto coa mirada posta na xsestión municipal e a participación veciñal .
Cun aire fresco e renovado, non so no nome e logotipo do partido, senón tamén na integración da súa candidatura composta maioritariamente por caras novas, algunhas delas cunha marcada traxectoria no tecido asociativo cangués, Victoria Portas lidera un proxecto comprometido co futuro de Cangas a través do traballo e da constancia desde a honestinade.
Alternativa dos Veciños nace en Cangas «fruto da boa relación cos promotores e fundadores desta iniciativa primeiro en Oleiros, referente en xestión de servizos municipais, e logo noutras localidades da provincia da Coruña e que con este proxecto ampliamos a provincia de Pontevedra para crear esa ampla fronte de esquerdas. Formación coa que compartimos o obxectivo de ser a correa transmisora da voz da veciñanza e das súas inquedanzas a través dun goberno capaz de buscar as solucións axeitadas».
Victoria Portas aporta a ese obxectivo «dous anos de traballo ao fronte da Alcaldía de Cangas, un periodo no que, na área económica, o Concello saíu dun Plan de Axuste que encorsetou os investimentos e limitou as opcións de mantenemento de moitos servizos».
A xestión «responsable» dos recursos e a alta capacidade de Victoria Portas para tomar decisións con valentía comeza a arroxar resultados visibles para o conxunto da cidadanía canguesas:
- A maior subvención da historia de Cangas con 3 millóns para a renovación de alumeado exterior cun investimento total duns 3,4 millóns en led reforzando o compromiso co clima, co medio ambiente e coas enerxías renovables.
- Aprobación de numerosas obras co Plan Concellos a pesar dos moitos escollos políticos de dentro de Corporación e que xa deixan obras executadas o en fase de execución en pavimentación, abastecemento, saneamento, parques infantís, etc.
- Investimentos importantes, a través de subvencións e co orzamento prorrogado, na piscina da Balea, nas pistas de atletismo ou Paseo de Rodeira.
- Unha aposta clara pola preservación do patrimonio natural e arquitectónico de Cangas, con iniciativas como a restauración e protección do sistema dunar de Areamilla en proceso e do sistema dunar de Santa Marta e Liméns en proceso.
Eses son os avais que fortalecen a Victoria Portas para liderar un proxecto veciñal desde a esquerda e para plantarlle cara á dereita e á formación responsable das operacións máis dañinas para o pobo de Cangas como o pufo de Promolar cunha débeda 4,3 millóns ou o caso Massó cunha débeda de 1,5 millóns ou o contrato “irregular” da auga.
En definitiva, explican dende a formación, «Alternativa dos Veciños está integrado por homes e mulleres que toman o relevo de Alternativa Canguesa de Esquerdas para continuar afondando na transformación do pobo cun proxecto de vila que pon ás persoas no centro das súas políticas; un equipo no que todos e todas suman sen importar o posto que ocupan na lista; un equipo valente e decidido aberto a toda a esquerda».