A directiva de Adicam cos alumnos de Boombox.

Adicam celebrará este sábado 22 unha nova edición da súagala solidaria no auditorio Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas. Terá lugar ás 21:00 horas.

Esta prevista a participación do coro María Soliña, Boombox-Danza Urbana, a charanga «Marcha Tola», Nuno Poonce e Santervás. Estará presentado por Peter Punk Pallaso. «Como cada ano estamos moi agradecidos na participación desinteresada de todos os artistas que fan posible o evento», manifestan dende a asociación.

Durante o evento sortearanse un cadro pintado polos alumn@s de Adicam.

Os interesados e interesadas en asistir poden facerse coa entrada (5 euros) na taquilla do auditorio unha hora antes do evento. Ademais, Adicam conta con fila cero Mediante Bizum (ID03796).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *