Tiña claro que o reto que se lle poñía por diante non ía ser fácil… Inesperadamente o 13 de febreiro de 2021 Victoria Portas converteuse en alcaldesa de Cangas tras o falecemento de Xosé Manuel Pazos. Agora, nove meses despois e, a piques de despedir o ano, facemos balance con ela de todo este tempo á fronte do Concello.
MN: -¿Cómo resumirías este ano?
VP: – Diferente, intenso… Foi un parto moi duro, pero tamén moi gratificante.

MN: –¿Ser alcaldesa é como imaxinabas?
VP: Nunca imaxineime como sería ser alcaldesa porque nunca mo propuxen. Vou aprendendo día a día, con erros, como todo o mundo, pero tamén con acertos… Non todo é tan malo como o pintan os malintencionados. Creo que hai quen non leva ben que unha muller, de clase traballadora e defensora dos dereitos sociais, estea á fronte do goberno de Cangas. O importante en política son as melloras que podamos conseguir para as veciñas e veciños de Cangas, non os discursos; que nos xulguen polo que facemos. Temos moitas cousas pendentes, pero tocounos gobernar nunha época complexa e non dispoñemos de todos os medios necesarios para facer fronte ás nosas necesidades.
MN: – Es a primeira alcaldesa que una ou dúas veces por semana traslada o seu despacho ás parroquias… con que atopáchesche??
VP: Con que os veciños queren falar directamente contigo, sen intermediarios. Que agradecen que lles deas o teu teléfono móbil para que poidan contactar directamente, informarche do que ocorre na súa parroquia. Descobres que a realidade que temos no concello non é a mesma que che atopas na rúa.
A nosa mirada está posta no medio e longo prazo (sanidade, servizos públicos, melloras para os desfavorecidos, etc.) pero non podemos descoidar o día a día. Somos conscientes de que temos materias pendentes, como o mantemento de rúas, rozado, reparación de instalacións, etc. Moitos veciños teñen razón neste punto e estamos a traballar para resolver este problema.
MN: – Entiendo entón que fue un acierto
VP: Sin duda… os políticos temos que estar en contacto cos cidadáns, coñecer as súas necesidades e queixas, para que nos sirvan de guía na nosa acción de goberno.
MN: ¿E cal foi a gran decepción?
VP: Algúns compañeiros e compañeiras de viaxe… a falta de unidade na esquerda.
«Se eu non podo gobernar Cangas por non nacer aquí, o 90 por cento dos veciños son jodechinchos»
MN:- Hai quen che acusa de ditadora…
VP: Se os ditadores son persoas que buscan a participación e tratan de poñer orde na desorde, entón sono. Ao final dá igual o que digan, o importante son os feitos e como todos os veciños poden comprobar, froito desa participación de todos os grupos políticos e dese consenso desbloqueouse o gran problema sanitario que ten Cangas. Esperemos que a Consellería cumpra a súa palabra e máis pronto que tarde podamos dicir que Cangas ten unha infraestrutura sanitaria como se merece. Ás acusacións por rabia, nin caso. Feitos, feitos e feitos…
MN:- ¿Que lle dis a quen acusache de non poder gobernar Cangas porque non resides aquí?
VP: Que, por esa teoría, o 90 por cento dos veciños e veciñas de Cangas son jodechinchos. Amo Cangas máis que moitos dos que naceron aquí e danse golpes de peito mentres por detrás miran polo seu propio interese. Insisto, feitos, feitos e feitos…
MN: -¿Qué sente unha concelleira de Igualdade cando lle din que non debe cobrar o mesmo que o seu antecesor na alcaldía?
VP: Ríome. É curioso porque esta frase chegou a saír de persoas que presumen de feministas. Que quede claro que neste Concello págase polo traballo, independentemente do xénero ou doutras cuestións.
MN: –¿Pódese gobernar con catro concelleir@s?
VP: Si. Porque o Concello tamén ten 200 traballadores, se sabemos coordinarnos e traballar, todo sae. O importante é a vontade.
MN: -Aplicado á política, prefires soa ou mal acompañada?
VP: Soa.
MN: –¿Ameazáronche por poder?
VP: Resérvomo.
MN: -Significa que sí…
VP: Resérvomo….
MN: –¿Sentes que tentaron borrarche da foto?
VP: Obvio. Hai determinados intereses en Cangas, e a nosa política orientada á xente e defensora dos intereses do concello non gusta a quen está afeitos vivir del..
MN: –¿Quen é oposición a Vitoria Portas?
VP: Victoria Portas vai estar sempre de lado dun goberno de esquerdas, o que fagan os demais é cousa deles.
«Pilláronme de novata»
MN: –¿Que papel dirías que xoga EU na política de Cangas?
VP: Temos unha concelleira, unha dos catro de ACE, e ACE é quen goberna Cangas. Despois, cada un deles poden ter a súa axenda e o seu partido. Somos concelleiros de todos os cangueses.
MN: -¿E o PSdeG?
VP: ¿Que papel? Aí non entro.
MN: –¿Crees que a expulsión aos dous concelleiros socialistas chegou tarde?
VP: Pilláronme de novata.
MN: –Non foi un ano fácil, pensaches algunha vez en tirar a toalla?
Pero se estou a empezar. Levo apenas uns meses no meu cargo, que exerzo con ilusión e con ganas de facer cousas polo noso pobo. Quero que nos xulguen pola nosa xestión e polos nosos logros no que queda de lexislatura. Os cangueses decidirán despois nas urnas.
MN: –¿Cantas horas traballas de media ao día?
VP: O que me dá o día, é un traballo que absorbe moito tempo.
MN: -¿Que lle pides ao próximo ano?
VP: Que me permitan traballar por Cangas, seguir cos proxectos que xa comezamos este ano e poñer en marcha outros novos. Por exemplo, o ano que vén a iluminación pública de Cangas será led, coa mellora e o aforro que iso supón… Iso si, agradecería traballar con tranquilidade para centrarme no realmente importante e non apagar lumes envelenados.
MN: -¿Manterá o ano que vén ao seu asesor ou asesora??
VP:- Outra lenda alentada por algúns. Oxalá tivésemos asesores, facilitaría moito o noso traballo. Para quen me acusa, dicirlle que non teño un só asesor. Teño moitos asesores e moitas asesoras que non cobran, é o que ten a paridade… veciños que colaboran para mellorar Cangas a través da acción de goberno e aos que agradecemos o seu esforzo.