Ao redor das dúas da madrugada o incendio orixinado nunha furgoneta dunha empresa de limpeza aparcada na Avenida de Bueu, en Cangas, por detrás da gasolineira, acabou calcinando o vehículo e tamén un coche e un contedor lindeiros.

Segundo informa Protección Civil de Cangas, aínda que non se sabe con exactitude que puido ocorrer todo parece indicar que o motivo das chamas foi un fallo eléctrico do furgón.

Ata o lugar desprazouse nun primeiro momento a Garda Civil para tentar sufocar o lume. Despois acudiu Emerxencias de Cangas e Bombeiros do Morrazo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *