Fachada da sede de Fecimo en Cangas.

Nun comunicado aos medios quere zanjar as acusacións do grupo municipal popular e califican a situación de «absurda»

Fecimo quere finalizar a polémica co PP de Cangas que califican de «estéril» aclarando a súa postura e xestións dos bonos do comercio local en Cangas.
«Dende Fecimo négase categoricamente que se avale a non posta en marcha dos bonos no ano 2021 como se quere facer crer. Fecimo participou ao longo do ano en diversas reunións xunto con outros colectivos da localidade onde se lles foi informando do estado do proxecto dos bonos. A Fecimo, e aos demais colectivos presentes, dende o Concello se lles traslada que co orzamento prorrogado, e ao non ter a partida cedida polos traballadores municipais do Concello no ano 2020 non se poden facer os bonos e comprométense a sacalos adiante na seguinte anualidade. Que como asociación aceptemos e respectemos as explicacións do Concello non quere dicir que as compartamos ou avalemos·, manifestan dende a Federación.

Obviamente, engaden nunha nota enviada aos medios tras as acusacións do grupo municipal popular de Cangas, «Fecimo desexa que se poñan en funcionamento os bonos no 2021» e recordan que os bonos «son unha petición e un proxecto de FECIMO, e que para que os bonos se puidesen celebrar no ano 2020 FECIMO tivo que adiantar 20.000 euros dos seus fondos, e incluso chegar a redactar os documentos de bases e convenio, polo que está fora de toda dúbida o compromiso de FECIMO cos bonos de consumo».

«Fecimo non ten voz nin voto nos plenos municipais. Non forma parte dos grupos de goberno, e polo tanto non ten capacidade para facer cambiar a decisión do Concello. Esa labor, a de lograr acordos co goberno municipal, é dos partidos políticos. Son os partidos políticos os que teñen que negociar, debater e sacar adiante acordos para poder levar a cabo proxectos como os dos bonos», recordan.

Así, consideran que «a situación actual é tan absurda que chégase ao punto de que un partido político da oposición está a reclamarlle na prensa a unha asociación local, unha proposta que presentou a propia asociación, cando en realidade ese partido debería de estar traballando en garantir, no foro onde ese partido ten capacidade real que é nos plenos municipais, que se poidan aprobar este tipo de proxectos».

Por iso, recalcan que «Fecimo nunca criticou que o PP de Cangas reclame os bonos, pois entendemos que esa é a súa labor como partido da oposición e incluso entendemos que o deberían ter feito con anterioridade e non só agora a finais de ano». A única crítica que dende FECIMO fan ao PP de Cangas é a de «falar en nome do comercio ou a hostalaría sen antes contactar sequera coas asociacións de comerciantes ou hostaleiros da localidade para saber o que está acontecendo e o seu parecer». Pero, consideran, «incluso neste caso respectamos a forma de proceder do PP de Cangas xa que é decisión súa a de non dialogar».

«Dende Fecimo reiteramos que as nosas portas sempre estarán abertas a tódolos aqueles colectivos, partidos políticos, etc. que teñan gañas de traballar polo desenvolvemento comercial e económico das nosas vilas·, concluen.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *