A concelleira e o cociñeiro na presentación esta mañá.

O cociñeiro Alfonso Díaz, que rexenta o primeiro dos locais de hostalaría do Paseo, impulsa esta iniciativa na que premiará con 300 euros a aquela persoa que consiga comer en menor tempo un cocido de 3 quilos de peso

La Cantina del Muelle ofrecerá desde este sábado e ata o 14 de febreiro unha actividade diferente para degustar un dos pratos típicos destas datas: o cocido. Hoxe presentou as “Crónicas carnívoras de Marín, versión cocido galego”, na que se rifa un premio de 300 euros para aquela persoa que sexa capaz de comer en menos tempo unha fonte de cocido de tres quilos.

Poderase participar tanto en comidas como en veas ceas e terá un custo de 30 euros por persoa, pero será preciso reservar previamente no teléfono 687422473.

O reto será rematar todo o cocido nun temo récord, que se irá anotando nun ranking, pero no caso de non ser capaces, Alfonso xa o avisa: “Non hai problema, aquí non se tira nada. Poderase levar o que sobre nun táper”.

Estas semanas que La Cantina del Muelle adicaralle ao cocido tamén poderán ser desfrutadas polas persoas que queiran comer este plato sen concursar, para o que terán un menú de 18 euros no que poderán elixir entre o cocido tradicional ou o “Cocido de La Cantina”, cunha presentación totalmente diferente á habitual.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *