Os bombeiros, noutro caso, ás portas dun edificio de Marín sofocando o lume.

Segundo informa a Policía Local, unha persoa resultou ferida nun incendio no terceiro piso da rúa Tiro Naval Janer, á altura do número 3. Polo momento descoñécense os motivos que orixinaron as chamas que afectaron á cociña do inmoble. Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Policía Local e os Bombeiros do Morrazo para extinguir o lume.

Recíbese aviso sobre as 12.40 h de Emerxencias de Galicia e a Policía Local acude a sufocar o incendio. Á chegada dos axentes, veciños da zona avisan de que hai unha persoa no interior do domicilio e percíbese un importante cheiro a queimado e unha importante columna de fume nefro que sae desde unha das ventas da vivenda afectada.

No momento no que se logra abrir a vivenda, rompendo un marco da porta da mesma, sae unha importante cantidade dese fume, o que dificulta enormemente o labor dos axentes. Despois de varios intentos, conseguen establecer comunicación coa persoa moradora da vivenda, que manifestou estar ben. Os axentes introducíronse na vivenda ata alcanzalo e poder evacualo.

A persoa atopábase moi aturidada, pero consciente, con claros signos de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Foi atendido por unha ambulancia do 061 e, tras revisarse o seu estado físico, négase a ter máis atención médica e a desprazarse a un centro sanitario, polo que se firma a alta voluntaria.

Á chegada dos Bombeiros, iníciase o control do lume e ás 13.55 dáse por controlado o incendio. Este iniciouse na cocina e rápidamente se propagou polo resto do mobiliario, afectando á totalidade da estancia. O resto do inmoble só sufriu danos por fume.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *