Complexo turístico e deportivo do Beque de Moaña.

A Talangreira do Beque, S. Coop. Galega, conformada por mozos e mozas de Moaña, e a UTE Padelprix Worldwide S.L./Xesport Galicia S.L. son as dúas firmas que optan á concesión de obra para o uso privativo das instalacións turísticas e deportivas do complexo do Beque de Moaña. Onte tivo lugar a mesa de contratación para a apertura do sobre A, o que contén a información administrativa, e, posteriormente, ser realizará a do sobre B coa oferta económica. Previsiblemente o vindeiro martes 5 de xullo ás 10:00 horas.

A mesa acordou requirir a Padelprix Worldwide S.L./Xesport Galicia S.L. para que non prazo máximo de tres días hábiles presente a documentación administrativa que lle falta. Concretamente, un DEUC de cada unha das empresas que conforman a UTE. Terán como máximo ata o vindeiro luns ás 29:59 horas para facelo.

O expediente de contratación foi aprobado por acordo plenario do 26.05.2022 previa aprobación inicial, e despois en data 31.03.2022, da declaración da conveniencia, oportunidade e viabilidade económica da actividade de albergue e instalacións anexas no complexo, co sometemento do expediente que contiña as actuacións preparatorias do contrato a exposición pública polo prazo dun mes e posterior aprobación definitiva ao non terse presentado alegacións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *