A proxección dunha peli no Rosal no 2020.

Sete proxeccións e sete posibilidades de gozar do cinema ao aire libre nos barrios de Moaña. O programa Son de Cinema trae desde o 1 de xullo películas de primeiro nivel para gozar en familia. O 1 de xullo «Como una bala» no Rosal, o 15 no parque de Tirán emitirase «Detective Pikachu» e o 23 de xullo en O Real-O Con chegará «Cuñaos». A última proxección deste mes será o 24 no aparcamento do centro social de Quintela con «Maixabel».

Para agosto «Toy Story 4» o 12 no atrio da Peregrina, en O Latón, e o 26 de agosto no CEIP Domaio poderase ver «Cruella». Para pechar este ciclo, o 7 de setembro «Bad Boys for life» no atrio da capela de Os Milagres de Berducedo.

Todas as proxeccións serán ás 22:30 horas, excepto as de Domaio e Berducedo que se adiantan media hora.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *