Unha condutora de 26 anos sae ilesa tras chocar co coche que conducía contra outro que circulaba en dirección contraria á altura de Tirán e a poucos metros da coñecida como rotonda do almacén. A muller, que viaxaba en dirección Moaña desde Cangas, deu positivo no test de alcoholemia cunha taxa que triplicaba o mínimo permitido. A condutora do vehículo contra o que impactou, de 19 anos, tamén saíu ilesa.
Segundo a Policía Local de Moaña, que foi a que acudiu ao accidente, a muller de 26 anos foi invadiuna o carril contrario provocando a colisión que, a pesar da súa aparatosidade, non deixou danos persoais.