O DJ Óscar da Silva ás portas do Concello.

Esta tarde ás 19:00 horas terá lugar un taller que impartirá o DJ Óscar da Silva na Casa da Mocidade de Moaña

A concellería de Xuventude quere reunir aos amantes ou afeccionados da música electrónica e para iso celebrará esta tarde un obradoiro co DJ e produtor musical vasco, aínda que fincado en Moaña, como experto e profesor. Será ás 19:00 horas e poderán participar alumn@ s ata completar aforo. Segundo o músico, o formativo está aberto a todas as xeracións, novas e tamén pais, e nesta sesión única faranse un percorrido pola música electrónica de baile dende os seus comezos ata o presente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *