Desde o 15 e ata o 28 de outubro a primeira planta da praza de abastos será o ansiado Museo do Mar de Moaña grazas á Asociación Devanceiros do Mar que, en colaboración co Concello, darán vida á historia mariñeira do municipio.
Durante os trece días que a mostra permanecerá á vista, o público poderá gozar de verdadeiras obras de arte: maquetas de embarcacións reais construídas ata co último detalle, pezas e partes de buques internacionais como temóns, boias, áncoras, aparellos, etc.
Segundo Devanceiros do Mar, será unha exposición didáctica e interactiva «para homenaxear aos homes e as mulleres de Moaña». O seu acceso será completamente gratuíto.
![](https://morrazonoticias.com/wp-content/uploads/2021/10/foto-devanceiros-min-1024x461.jpg)