REDACCIÓN: SERAFÍN VALLADARES. Segundo manifestou Aurora Prieto, actual Concelleira de Turismo, nas redes sociais, xa que moitos veciños/as mostraron as súas queixas ao ver como a mesma autocaravana seguía na praia de Nerga sen máis, decidiu explicar o motivo. Chego o xoves, xusto antes de que o goberno decretase oEstado de Alarma, aclarou a Concelleira.
A polémica xurdiu cando chegaron máis autocaravanas e unha gran cantidade de coches, non só a Nerga senón tamén a Melide e Viño, facendo caso omiso ao “Estado de Alarma ” xa vixente. A Garda Civil e a Policía Municipal, actuaron no mesmo momento que foron informados, ordenanles que volvesen ás súas casas, cousa que fixeron, excepto esta que segue aí, por «causa de forza maior», mentres non se solucione o problema da súa propietaria e única usuaria.
Iso deu lugar a que o comité de crise de Cangas da loita contra o coronavirus decretase o peche de varias praias para que isto non volvese suceder, en previsión de este fin de semana, xa que ademais era ponte, na nosa comunidade, segundo Eugenio González, concelleiro do Psoe, «todo está controlado». A habitante da autocaravana parece ser que é dunha muller que non ten onde ir e polo momento quedará aí. Están a levarlle comida mentres non se busque unha solución.