Iria Pinheiro, pregoeira do Entroido de Moaña 2024.

O Enterro da Sardiña cambia o percorrido e partirá ás 21:30 horas do aparcamento do IES As Barxas para descender polas rúas Pura Pérez Prado, As Barxas, Concepción Arenal ata a praza, onde realizará o circuito habitual ata a queima na media noite

A actriz afincada en Moaña, Iria Pinheiro, será a pregoeira do Entroido de Moaña este 2024. Así se acordou na reunión que comparsas e Concello mantiveron no serán de onte para pechar varias cuestións pendentes para a celebración de febreiro, entre elas o percorrido que realizarán as agrupacións antes da incineración. Segundo explica nun comunicado o edil de Cultural, Xosé Daniel Costas, o Enterro da Xouviña conservará o circuíto e os horarios habituais pero o da Sardiña realizarase en horario nocturno. Partirá ás 21:30 horas da zona de aparcamento habilitado na estrada anexa ao IES As Barxas e posicionarase cara á rúa Pura Pérez Prado. De aí, ao redor das 22:00 horas, pasará por As Barxas en dirección á rotonda do Concello para virar por Concepción Arenal ata a zona da Praza para iniciar o «percorrido habitual». A queima da Sardiña está prevista ás 00:00 horas e a entrega dos premios á mellor comparsa e ao mellor traxe arrincará á unha da madrugada con posterior festa na carpa municipal.

Segundo o concelleiro, este novo percorrido «excepcional», insiste, aprobouse tras unha votación de todas as comparsas asistentes e contou coa maioría dos apoios. Aínda que recoñece que houbo algunhas que votaron en contra, finalmente realizarase o traxecto que concluíron a maior parte dos colectivos e que a Policía Local recomenda «por seguridade».

Iria Pinheiro, unha ourensana afincada en Moaña

Nada en Ourenre en 1978 é unha actriz, cantante cabareteira, presentadora de televisión, guionista, presentadora e videocreadora galega afincada en Moaña denda fai varios abos. Iria Pinheiro traballa como actriz desde o ano 1998 e desenvolve a súa actividade no audiovosial, nas artes escénicas e na música, ademais de participar en longametraxes, curtametraxes e videoclips. Destacou no cabaret onde foi compositora, letrista e guionista. No ano 2012 creou DandyLady, un alter ego co que investiga as posibilidades da poesía escénica e para o que foi ideado Uralita.

Na actualidade traballa no espectáculo Anatomía dunha serea polo que recibiu dous Premio María Casares. Recibiu tamén o Premio Maruxa Villanueva á Interpretación pola súa traxectoria como actriz. Agoramesmo está envolta na gravación do ultimo filme de Margarita Ledo Andión ‘Prefiro condenarme’ en Lugo. Melania Cruz, xunto con Iria Piñeiro e Mónica Camaño, integran o plantel de actrices deste filme de non ficción no que se conta a historia de amor real dunha mariscadora no franquismo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *