Divertida presentación do Samaín no Concello de Moaña.

Este Samaín en Moaña vai ser máis divertido e tenebroso que nunca. Conxuntamente, as concellerías de Turismo e Mocidade, en colaboración cos alumnos do obradoiro Moaña Moza II, elaboraron unha programación coa que os participantes se enfrontarán cara a cara co medo. Un «escape room» na Casa da Mocidade para pequenos e maiores e túnel do terror no alto da praza de abastos son as ofertas máis destacadas deste ano.

Haberá un «escape room» para nenos de entre 9 e 12 anos o 29 de outubro e outro para os maiores de 12 anos o día 30 de 16:00 a 22:00 horas. En ambos os casos, o reto é o mesmo: atravesar en 45 minutos o circuíto do pánico no que se converterá a Casa da Mocidade. L@s interesade@s en participar terán que anotarse, ben en grupos de 3 a 5 persoas ou ben de forma individual, canto antes porque as prazas son limitadas. Poden facelo ata o luns 25 de outubro na Casa da Mocidade ou ben no correo actividades@patronatobeiramar.org.

O túnel do terror instalarase no alto da praza de abastos o 31 de outubro de 17:00 a 21:00 horas. E a poucos metros, na carpa da contorna do palco da música, impartiranse talleres de maquillaxe e de manualidades, ademais de xogos temáticos para os máis pequenos.

Por último, a programación deste Samaín 2021 inclúe a Xornadas de Xogos de Mesa e Magic o sábado 30 de outubro de 17:00 a 20:30 horas na Casa dá Mocidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *