Cabalgata de Vilaboa no Nadal 2020-2021.

Dez árbores naturais, 36 arcos luminosos e uns 20 adornos completan unha ambientación en todas as parroquias que se acenderá o día 20 “por responsabilidade ambiental”

Un photocoll cun cono tridimensional de 4 caras con 4 metros de alto por 2 de ancho en cor azul e con flash será o elemento central da iluminación de Nadal co que o Concello de Vilaboa ambientará todo o municipio. Estará ubicado en Riomaior, entorno no que este ano se instalará o Mercadillo de Nadal, que contará tamén con iluminación propia para visibilizar a súa presenza desde a carretera e facilitar así as ventas dos artesáns que instalen alí os seus postos.

O Concello de Vilaboa confía en que o photocoll sexa un atractivo máis do Nadal local e outro motivo para achegarse ata Riomaior e disfrutar dos agasallos artesanais e creativos como opción de regalos nestas datas. En Santa Cristina, tamén no entorno cultural, o Concello instalará un arbol natural con decoración navideña. Outro de similares característica ambientará o centro cultural de Figueirido. No entorno da Praza do Concello instalaranse tamén 8 árbores naturais adornados con 16 metros de guirnaldas, cada un, ademáis dun rótulo na fachada coa lenda “boas festas”.

A iluminación no municipio amplíase con 36 arcos luminosos repartidos entre as diferentes parroquias, así como diversos motivos decorativos que en farolas.

O alcalde, César Poza, explica que o encendido realizarase o 20 de decembro, como acto simbólico de responsabilidade ambiental e dentro dos compromisos adquiridos polo Concello no Pacto polo Clima.

A ambientación do municipio, un dos máis dispersos da contorna, complementarase a través da participación no II Concurso de Iluminación de Nadal, no que o Concello confía na implicación de veciños e veciñas para encher de colorido e ambiente as vivendas da localidade, cunha perspectiva sostible e orixinal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *