A colisión frontal entre un coche e moto no centro de Cangas saldouse cunha persoa ferida leve. Segundo Protección Civil e Policía Local, o vehículo saía da alameda vella para incorporarse á vía en dirección a Moaña e a moto facíao en sentido Aldán. Por causas non confirmadas chocaron e o piloto da moto resultou ferido leve, afectado de dor nun nocello. Foi trasladado ao hospital de Fátima e dado de alta pouco despois.
Ocorreu onte ao redor das 13.30 horas e no lugar estivo Policía Local de Cangas, Garda Civil e ambulancia de Bueu, que foi a encargada de trasladar ao ferido, duns 40 anos, ao centro hospitalario.