Unha persoa resultou ferida nun incendio producido en torno ao mediodía no que se viron afectados catro vehículos cando trataba de apagar o lume nun coche aparcado ás portas dos concesionario Automóbiles Lontreira – Hyundai, situado en O Viso, e que afectou a outro tres vehículos máis estacionados á beira.
Segundo informan os Bombeiros do Morrazo, que interviñeron na extinción, descoñécense os motivos do incendio aínda que non se apreciaron acelerantes. Tamén resultou afectada polo fume a fachada e o interior da nave.
Ata o lugar achegouse Protección Civil de Cangas, Policía Local e Bombeiros do Morrazo.