Así quedaron os dous vehículos.

Un accidente na PO-313, no cruzamento do miradoiro da Fraga, sáldase con dous feridos leves, os condutores dos dous vehículos que chocaron frontolateralmente. Ambos foron trasladados ao hospital conscientes para a súa revisión.

Segundo a Policía Local de Moaña, un dos vehículos saía do cruzamento da Fraga en dirección Moaña e o outro circulaba pola PO-313 en dirección Marín cando chocaron frontolateralmente. Ocorreu sobre as 16:30 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *