A furgoneta colocarase na zona cercana ao Cemiterio de barcos do Paseo Alcalde Blanco.

Moaña e a Asociación Érguete non deixan de traballar na prevención de adiccións nos e nas menores do municipio. O Concello sumarán forzas de novo coa entidade para que a mocidade da vila coñeza os riscos e os problemas dos comportamentos adictivos. Aproveitando o inicio de curso, a Concellaría de Benestar Social, María Ortega, reuníronse coa coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, e a responsable da Oficina Técnica de Prevención de Érguete, Laura Durán, para planificar a estratexia a seguir durante este curso.

O perigo do atracón do alcol no botellón, o cannabis, o xogo online e as apostas deportivas son os puntos que, tanto para o Concello como para a Asociación, “son prioritarios”. Estas actuacións serán levadas a cabo en todos os centros educativos do Concello, e contarase tamén con formacións específicas para as familias.
Moaña e a Asociación Érguete levan anos traballando en común baixo a Oficina Técnica de Prevención que financia a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

A Concelleira destaca que “os resultados avalan que se está a facer un bo traballo”, e indicou que soamente durante o último curso “327 menores da nosa vila recibiron formación en prevención de adiccións”. “Aínda que non podemos baixar a garda e debemos continuar traballando para aportar as mellores ferramentas aos e ás menores”.

A coordinadora da Asociación Érguete quere agradecer ao Concello de Moaña “a súa implicación coas nosas propostas”, e está convencida que este tipo de políticas preventivas son as “máis axeitadas para traballar no ámbito das adiccións”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *