Le Piano Du Lac.

O Lago de Castiñeiras acollerá os días 27, 28 e 29 de xullo ás 20.00 horas a actuación de Piano du Lac, un espectáculo en coproducción coa compañía asturiana La Xata la Rifa, que fusiona teatro, música e danza e espazos naturais.

A compañía chega a Marín despois de realizar en 2020 catro xiras con con catro espectáculos flotantes en Francia e España, que supuxeron un gran éxito de público.

Nesta ocasión, “El pedalOpiano” descansa sobre dous flotadores catamaranes blancos, ciclopropulsados con dúas rodas-paletas, sobre o que actúan artistas da Bretaña, Asturias, París… Trátase, en palabras da compañía, “dunha viaxe de estilos acompañado por unha cautivadora tripulación que interpreta tradición, vangarda, chanson française, músicas do mundo…”.

A visita a Marín está dentro da xira Xacobea “El Camino del agua” e suporá hora e cuarto de concerto estes tres días a cargo da pianista Violette Prevost, a multiinstrumentista Solenne Garnier, o trompetista Damien Bajard e a bailarina Mónica Cofiño.

Entradas
Para poder acudir ao espectáculo é preciso adquirir entrada online, na seguinte dirección: http://www.pianodulac.eu/taquilla2021/. A entrada ten un prezo voluntario, aínda que se aconsella de 10 euros. É preciso acudir cun kit de confort, cadeira pequena ou coxín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *