Os bombeiros, noutro caso, ás portas dun edificio de Marín sofocando o lume.

Unha persoa foi evacuada a pasada noite tras sufrir unha posible intoxicación por inhalación de fume despois de declararse un incendio na cociña dunha vivenda en Marín.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso grazas a chamada dos axentes da Policía Nacional que, sobre as 01:45h, informaron da presenza de moito fume nunha vivenda da rúa Jaime Janer, 7, no setimo andar.

Así desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Morrazo e de Pontevedra, á Policía Local e a Protección Civil da localidade.

Finalmente, unha vez extinguido o incendio, os bombeiros confirmaron que ardera unha campá extractora que xa fora apagado polos efectivos de Protección Civil coa axuda dos axentes da Policía.

Pola súa banda, os servizos sanitarios ratificaron o traslado da persoa afectada ao centro de saúde da localidade

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *