As concelleiras co ilustrador do cartel.

Marín xa ten cartel e programa de Entroido. As concelleiras Marián Sanmartín e Beatriz Rodríguez presentaron o cartel deste ano das festas xunto co seu creador,
Luis Vilas. “Temos que seguir mantendo todas as medidas”, expresaron ambas,
“pero temos capacidade para desfrutar destas datas e para poder seguir apoiando á nosa economía local, desde as comparsas e asociacións que teñen nestes días un momento importante para a súa actividade, ata o comercio e a hostalaría”, expresaron.

O 20 de febreiro, inaugurarase a Exposición do Entroido Galego no Museo Manuel Torres, organizada en colaboración coa Asociación Cultural Tregha (Saljariteir@s) e poderá verse ata o 13 de marzo.

O 21 de febreiro, a Comparsa Os da Caña decorará o Palco da Música e ao día seguinte, o 22 de febreiro, será a Comparsa Os Paparrulos a encargada de decorar a fachada do Concello.

O mércores 23, inaugurarase a Exposición do Enterro da Sardiña no acristalado do Multiusos, organizado en colaboración co Ateneo Santa Cecilia e que estará alí ata o 4 de marzo.

O venres 25 o Entroido trasládase a Seixo, onde se moverá a burra tradicional deste entroido á Prazas de Abastos da mand o Grupo Cultural Ronsel. Tamén estará ata o 4 de marzo. Ademais, polas rúas de Marín estarán animando os membros da Charanga Os Jalácticos.

O día 26, haberá animación da Batucada Axé Bahía e de Charanga Noroeste polas
rúas de Marín. E o domingo 27, será a quenda da Baticada Maracumbé Bloco e a Charanga Os Jalácticos. Ese mesmo día, pola tarde, será a Gran Festa Infantil na Alameda con música e animación (no caso de choiva, moveríase ao Multiusos).

Xa o 1 de marzo, o Ateneo Santa Cecilia organizará o seu tradicional Concurso de Orellas e Filloas no seu local. O 2 de marzo, Mércores de Cinza, será o velorio da sardiña no Palco da Música e tamén a entrega do concurso gastronómico do Ateneo.

O broche final do Entroido marinense será o 6 de marzo, coa degustación do Bolo
do Pote a cargo de Pousos de Area. A animación será a cargo da Charanga
Noroeste.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *