A visita hoxe do representante autonómico e dos membros do goberno local ás obras do centro de día.

As obras do novo centro de día de Marín continúa a bo ritmo. Así o puideron comprobar esta mañá o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, nunha visita ás instalacións situadas no primeiro andar da Casa do Mar. Unha obra na que a Xunta inviste 200.000 euros e que contribuirá a «incrementar o benestar das veciñas e veciños de Marín” e que “será unha realidade grazas á colaboración entre a Administración autonómica e a local”, engadiu Perfecto Rodríguez.

Ao respecto, explicou que a actuación é froito dun convenio asinado hai dous anos entre a Consellería de Política Social e o Concello marinense para financiar a construción deste centro de día, cuxas obras finalizarán en torno ao verán.

O novo equipamento, cuxa execución e posterior xestión correrá a cargo do Concello, contará cunha ampla sala de usos múltiples e outras dependencias, como un espazo de rehabilitación, outro para o lecer, cociña e lavandaría. O custe total do acondicionamento do inmoble ascende a 300.000 euros e o seu remate está previsto para este ano 2022.

O xerente do Consorcio fixo fincapé no compromiso do Executivo autonómico coas familias, os pequenos e as persoas maiores de Marín. O novo centro de día complementará a rede pública de servizos sociais que existen en Marín, que xa conta con tres escolas infantís, unha residencia para a terceira idade e un centro sociocomunitario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *