A concelleira de Promoción Económica e o edil de Mocidade presentando a programación de Samaín de Moaña.

Moaña xa ten preparada a súa programación de Samaín para os días 28, 29, 30 e 31 de outubro. As actividades desenvolveranse en dous escenarios, un na Casa da Mocidade e outro na contorna do palco da música, ademais de en as parroquias. O venres 28 de 17:00 a 21:00 horas, Casa do Terror no centro xuvenil do barrio do Rosal para nenos e adultos a partir dos oito anos. Durante esta tardiña, Marta Ortiz contará historias de terror con «Contos, castañas e telasdearaña».

O sábado 29, de 17:00 a 22:00 horas, nova oportunidade para gozar do terror na Casa da Mocidade con xogos, monstros e un Escape Room para o que se necesitará inscrición previa porque as prazas son limitadas. O prazo para facelo será entre o 24 e o 28 de outubro de forma presencial. E para pechar esta xornada, sesión musical de Sebastián Black e cócteles terroríficos. Luns 31, terceiro día e último para participar na Casa do Terror.

Máis actividades durante este luns, pero neste caso na contorna do Palco da Música, aínda que en caso de choiva trasladarase ao pavillón da Xunqueira. De 17:00 a 20:00 horas haberá para menores de 0 a 8 anos xogos de samaín, pintacaras mostruosas e teatro itinerante con «O Estraño caso do Dentista da rúa Brasov», a cargo de Troula Animación, por todo o Paseo Marítimo.

Tamén nesta xornada, aínda que ás 21:00 horas e dirixida a maiores desde 18 anos, narración oral e música ao vivo con «Contos de Defuntos (e outros asuntos) por Brais da Hortas no salón de plenos do Concello.

Samaín nas parroquias

En paralelo, o Centro Cultural Castroviejo de Tirán e o adro da Peregrina da Guía, en Meira, celebrarán o sábado e o domingo, respectivamente, un magosto popular para todos os veciños.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *