A concellería de Mocidade continúa coas súas iniciativas de dinamización das instalacións e organiza un taller centrado no uso dos Videoxogos dunha forma interxeracional. Desenvolverase en dúas xornadas, a primeira o venres 6 e o sábado 7 de maio ás 18:00 horas.
A primeira xornada estará dirixida formación a nais e pais que queiran aprender como utilizar os xogos para comunicarse coa xente. Na segunda parte deste formativo dedicarase á posta en práctica do aprendido nas videoconsolas coas que contarán as instalacións.
O sábado, xornadas para todos os públicos: avós, nenos e toda a familia. Este xogo realizarase grazas á presenza da empresa galega intersek, resolvendo preguntas e e dando respostas dunha forma interactiva e adaptada.
Estas dúas xornadas desenvolveranse na Casa da Mocidade a través do Museo do Videoxogo de Galicia (Muvi).