Unha embarcación de Salvamento Marítimo acercou a planeadora á embarcación de desgüace para que os bombeiros apagaran o lume.

O propietario do estaleiro Industrias Navais A Xunqueira de Moaña, Manuel Parcero, de 78 anos, xunto a outros sete implicados na Operación » Kerumán- Samario», quedou en liberdade esta tarde tras prestar declaración perante o xulgado de Instrución número 3 de Cambados.

Pola contra, este Xulgado decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza de 5 dos 16 detidos que pasaron hoxe a disposición xudicial. Para outros 3, decretou prisión provisional eludible baixo fianza de 20.000, 10.000 e 8.000 euros.

Todos eles están investigados por delitos de contrabando, contra a saúde pública de substancias que non causan grave dano á saúde, en cantidade de notoria importancia, e de pertenza a organización criminal.

A detención produciuse despois do rexistro do estaleiro durante a xornada do martes como consecuencia do incendio dunha planadora xunto ao peirao da empresa o pasado mes de xaneiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *