Os colectivos da parroquia de Meira, en Moaña, que colaboran na organización da Festa da Carballeira de Bronlle prevista para o próximo 15 de agosto decidiron suspendela polo risco que supón para a saúde a convivencia dos participantes e das comidas nun momento de pandemia.
Os actos culturáis programados, financiados polo Concello, levaranse para o Arboredo da Xunqueira, no mesmo domingo 15 de agosto. Aproveitando que está alí montado o palco para o Festival de Jazz vaise facer un evento de #CulturaSegura, chamado Festival Días de Mar no que actuarán ás 18.30 o Mago Roberto Lolo e ás 20 horas a Acordeireta. Haberá desde as 18.30 ás 20.30 obradoiros para a rapazada con Matrácala.
Meiramar Axóuxeres, Comunidade de Montes de Meira, Bicivoladores, Zumba Fitness, Comisión de festas Samertolameu, Club de Atletismo, Cáritas Meira e Asociación de Veciños Novameira son os colectivos que colaboran co Concello de Moaña na organización da Festa da Carballeira de Bronlle.