A visita contou coa actuación da artista local María Faltri.

A presidenta da Deputación e as autoridades locais recorreron parte do tramo de Moaña para comprobar o resultado final desta iniciativa pioneira

Aínda que xa apuntaba maneiras na anterior visita, hoxe o Camiño Real que une Moaña con Cangas, no tramo moañés, xa está totalmente terminado. Para ver como quedou achegouse novamente ata a parroquia de Tirán a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da alcaldesa, Leticia Santos, e a tenente de alcalde, Marta Freire, entre outros deputados provinciais e concelleiros, ademáis de directivos da Asociación de Veciños da parroquia O Pegho. O seu presidente honorífico, Paco Ferreira, visiblemente emocionado, agradeceu a tod@s a súa implicación para que este Camiño sexa unha realidade.

Nun percorrido a pé desde O Con, a comitiva percorreu algo menos dun quilómetro no que Silva puido comprobar como quedou o proxecto que alcanzou maior puntuación adscrito ao Plan DepoRense da Deputación, ademais do único supramunicipal, e no que o ente provincial investiu 575.000 euros co obxectivo de recuperar o espazo público para «entregarllo» ás persoas. «Esta obra emociona representa a forma de entender o novo mundo que temos que construír e cumpre cos principios que as administracións públicas estamos obrigadas a defender e impulsar. É un exemplo a seguir e estou convencida de que recibirá numerosos recoñecementos», declarou a presidenta.

Silva disfrutou dunha das prazas do percorrido.

A pioneira actuación inclúe a creación de prazas e espazos de lecer e novo mobiliario urbano como bancos, fontes, papeleiras, pérgolas e aparcadoiros para bicicletas. O resultado final, totalmente inclusivo, concibido con perspectiva de xénero, dende a atención á infancia e para a integración dos colectivos con diversidades funcionais, é tamén unha reforma innovadora e sostible.

O “Camiño Real” naceu co obxectivo de interconectar Cangas e Moaña de xeito amable e seguro, recuperando a principal vía de comunicación entre os núcleos primixenios das vilas a través dun percorrido de 5,3 quilómetros. Nos 2,9 quilómetros que transcorren por Moaña creouse unha infraestrutura segura, con velocidade limitada a 20 quilómetros por hora, plataforma única e espazo reservado para peóns a través dunha banda de cor azul que separa os vehículos das persoas. Así, Moaña sitúase como «o modelo de mobilidade que necesita a sociedade» polo que Silva augurou que vai abrir novas formas de entender ou espazo público nos concellos».

Pola su parte, la regidora moañesa, Leticia Santos, resaltó que este Camino Real «es uno dos maiores logros nestes seis anos de goberno, que naceu da inquedanza da veciñanza, de tecer lazos e redes que é o que fai posible que os proxectos se fagan realidade”. “Este modelo de recuperación do espazo público vai ser demandando pola veciñanza para outros puntos e imos axudar a outros territorios a apostar por el”, subliñou Santos sobre un proxecto, “moi pensado, moi traballado, personalizado e con alma, con todo axustado á medida dos espazos”.

Ademáis, a Alcaldesa tivo palabras de agradecemento, tanto para as entidades e persoas implicadas na actuación, dende a empresa que a executou, á propia Deputación de Pontevedra e técnicas e técnicos municipais, como á Asociación de Tirán, representada pola presidenta Chelo Parcero.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *