Un dos puntos por onde pasará a rede de abastecemento.

A cantidade está incluida no Plan Concellos e suma 39.305 euros dun orzamento total de 40.507 euros

O Concello de Moaña vén de coñecer esta mesma semana a resolución presidencia da Deputación de Pontevedra pola que se acorda que lle sexa concedida unha subvención por importe de 39.305,81 euros con destino ao financiamento do investimento “Ampliación da rede de abastecemento municipal no camiño da Paradela”.

O proxecto ten un orzamento final de 40.507,60 euros polo que o importe restante ata completar a totalidade do orzamento será cofinanciado con fondos propios do Concello.

¿En qué consisten as obras?

As obras proxectadas consisten na instalación de 285,0 m de tubaxe de PE 90 mm para conectar dous puntos da rede existente. Para instalar a canalización será necesario cortar o pavimento e demoler a superficie afectada pola gabia, colocar a tubaxe e encher con material adecuado procedente da escavación e o resto con material de achega, terminando coa reposición do pavimento e os servizos afectados.

Previuse repoñer o pavimento do vial a todo o ancho do mesmo na zona afectada polas obras debido a que se comprobou que nalgunhas zonas atópase danado e a escavación da gabia xunto co paso da maquinaria é previsible que se incrementen devanditos danos. Ademáis do estendido dunha capa de 10 cm de formigón en masa na coroación das gabias para asegurar a súa estabilidade fronte ao paso de tráfico.

Os veciños deben solicitar a conexión á rede

Con esta actuación o concello de Moaña estende o abastecemento municipal a unha das últimas zonas da Paradela que quedaban sen acceso a este servizo básico municipal. Unha vez rematada a obra, cada veciño ou veciña deberá solicitar a conexión á rede de abastecemento mediante a correspondente acometida individualizada.

Esta era unha das demandas que se priorizaron no Consello Veciñal do Carme e que foi proposta pola Asociación Veciñal “Cruceiro do Río” deste barrio moañés. Esta actuación completa outras similares que xa foron executas na Paradela e na Marrúa con cargo aos investimentos comprometidos pola concesionaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *