A empresa Divina Pastora Seguros donou 40 pantallas de protección facial para os traballadores da Praza de Abastos
REDACCIÓN: SERAFÍN VALLADARES. Seguen as mostras de solidariedade co Concello de Bueu na loita contra o coronavirus. Nesta crise, o consistorio agradece a todas as persoas, colectivos e empresas que colaboran de forma desinteresada.
Neste caso foi a empresa Divina Pastora Seguros a que entregou unhas 40 pantallas de protección facial, que se destinarán a todos os traballadores e traballadoras da Praza de Abastos de Bueu.