A muller de Celso Parada e a Alcaldesa no momento no que descobren a praca.

O moañés Celso Parada, ou `Sito´ como o chamaban os amig@ s, xa ten o seu auditorio o municipio que tanto admiraba. Nun acto íntimo pero ao que acudiron os seus familiares, compañeiros, autoridades políticas locais e membros da Fundación Nos, a sala de actividades do centro cultural Daniel Castelao pasou a levar o nome do actor e director teatral que tan bos momentos deu a Moaña e a todos os seus espectadores ao longo do mundo.

Presentación do caderno monográfico.

A súa esposa, como representante da familia, e a alcaldesa, Leticia Santos, foron as encargadas de destapar a praca situada no patio interior do centro cultural, xunto á porta de acceso ao auditorio. Un momento emotivo que estivo precedido pola presentación do caderno monográfico de Celso Parada a cargo da Agrupación Cultural Nos, impulsora desta iniciativa con motivo do trinta aniversario da montaxe de “Misterio Cómico” .

Precisamente, esta tarde ás 19:30 horas está prevista a proxección desta obra na agora xa Sala Celso Parada. Os interesad@s en asistir deben reservar entrada no enderezo https://concellodemoana.org/product/proxeccion-misterio-comico/

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí