A subvención a través do programa ReacPon alcanza los 870.611,62 euros e suporá a financiación do 75 por cento do coste do proxecto valorado en 1,16 millóns
A Deputación de Pontevedra concede a Moaña, a través do programa de fondos europeos ReacPon, 870.611,62 euros para o financiamento do proxecto de reforma do Concello Lanuxe, situado na rúa Ramón Cabanillas. Supón o 75 por cento dos 1,16 millóns nos que están valoradas as obras para convertelo nunha instalación multiusos con zonas de estudo, un local de ensaios, un estudo de gravación e salas de reunións para os colectivos. Ademáis, de continuar albergando a sede de Protección Civil pero nunha infraestrutura adecuada ás súas necesidades.
O obxectivo do goberno local de Moaña é darlle unha nova vida a un edificio que se atopa en moi mal estado e que demanda unha actuación urxente. Así, a través deste proxecto, conseguirase este fin e, ademais, ofrecer á cidadanía e aos colectivos culturais un espazo adecuado para que leven a cabo as súas actividades.
Por este motivo, a alcaldesa, Leticia Santos, mostrou a súa «satisfacción» como representante do goberno local polo resultado xa que «confiabamos plenamente en que era un proxecto que encaixaba perfectamente coas condicións que marcaba a Deputación para obter os fondos». «Estamos orgullosos e orgullosas de que sexa unha maneira diferente de entender os edificios municipais, neste caso vai ser a primeira vez que un edificio municipal redeseñar con conceptos de respecto máximo polo Medio Ambiente pola súa eficiencia e tamén desde o concepto de edificio interxeracional», explicou Santos, que quixo agradecer o traballo á redactora do proxecto e ao persoal municipal que fixo posible preparar este expediente nun tempo limitado.
En total, para a comarca do Morrazo mobilizarase un total de 2,81 millóns de euros.